Entradas

Mostrando entradas de junio, 2018

OS ROBOTS DO ANXO

Imagen
Aquí vos deixamos un vídeo onde vos amosamos os robots educativos que usamos no centro. Esperamos que vos guste!!

ENCONTROS ROBÓTICOS PRIMARIA-INFANTIL

Imagen
Un alumno de AL acudiu á aula de 3 anos para mostrarlles algúns dos robots que estamos a utilizar nas aulas. Lego WEDO BEEBOT

XOGAMOS CO JACK NA AULA DE INGLÉS

Imagen
Utilizouse o rato para repasar as direccións en lingua inglesa. Esta actividade levouse a cabo durante dúas sesións có alumnado de 4º de EP.   A través desta actividade preténdese r epasar o vocabulario dado en clase (straight on, turn right, turn left, click….)  e tamén os nomes de lugares. Elaborouse un mapa nunha cartolina dividida en celdas de 12’5 cm x 12’5 cm.   cos nomes de distintos lugares.  O alumnado tiña que preguntar cómo chegar a un determinado sitio e contestar.   Deseguido, contábanse cantos cadros había que avanzar, para    indicar os comandos correspondentes ao rato. Por parellas, todo o alumnado participou introducindo comando, o que resultou moi motivador para o alumnado, que mostrou grande interese pola actividade. Como complemento, déronse instruccións ao robot rato para chegar a un alumno (oito alumnos colocáronse uns enfrente doutros) e calculando a distancia serviu para practicar sumas e multiplicacións en inglés.

ROBÓTICA NO PROGRAMA DE ENRIQUECEMENTO CURRICULAR

Imagen
Aquí podedes ver todo o que traballaron os rapaces e rapazas que asisten ao programa de Enriquecemento Curricular. Esperamos que vos guste!