XOGAMOS CO JACK NA AULA DE INGLÉS
Utilizouse o rato para repasar as direccións en lingua inglesa.
Esta actividade levouse a cabo durante dúas sesións có alumnado de 4º de EP.
A través desta actividade preténdese repasar o vocabulario dado en clase (straight on, turn right, turn left, click….) e tamén os nomes de lugares.
Elaborouse un mapa nunha cartolina dividida en celdas de 12’5 cm x 12’5 cm. cos nomes de distintos lugares.
O alumnado tiña que preguntar cómo chegar a un determinado sitio e contestar.
Deseguido, contábanse cantos cadros había que avanzar, para indicar os comandos correspondentes ao rato.
Por parellas, todo o alumnado participou introducindo comando, o que resultou moi motivador para o alumnado, que mostrou grande interese pola actividade.
Como complemento, déronse instruccións ao robot rato para chegar a un alumno (oito alumnos colocáronse uns enfrente doutros) e calculando a distancia serviu para practicar sumas e multiplicacións en inglés.
Comentarios
Publicar un comentario