Entradas

MAKEY-MAKEY

Imagen
A mestra de música estivo traballando cos cativos de infantil coa tarxeta Makey-Makey. Esta tarxeta promove a creatividade, a experimentación e a imaxinación. Tocaron o piano con mandarinas!

XORNADAS DE ROBÓTICA NO ANXO

Imagen
Este ano fixemos no centro unhas xornadas de robótica co alumnado de 4º, 5º e 6º os días 10, 11 e 12 de xuño. Para estas xornadas empregamos os kits de robótica Lego WeDo 2.0. Con eles ademáis de adentrarse na programación traballaron diferentes contidos do currículum. En cuarto cuarto fixeron o proxecto da "Metamorfosis da rá", reflexionaron sobre como é un cágado, unha rá xove e unha adulta. En quinto traballaron co proxecto de "Estructuras robustas" xa que tamén en Art&Craft están a traballar con elas. En sexto curso traballaron co proxecto das "Forzas" Os nenos e nenas o pasaron en grande!

OS CIRCUITOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Imagen
A mestra de 1º foi a ensinar os cativos de 3 anos que era os circuitos e tamén traballamos as emocións e os cores. Para iso traballamos co neurons co modulos táctil, chamado Funny Touch, o módulo de son e a pantalla led. Primerio fixemos unha roda con todos os nenos para ver a importancia de estar todos unidos e que se nos soltamos xa non somos unha roda. Despois xa comezamos co neuron a agarrarnos da mans e ver se sonaba o son ou  non. A continuación traballamos  as cores  relacionadas  coas emocións. Aqui vos deixamos unhas imaxes:

TRABALLAMOS O VENTO CO LEGO WE.DO 2.0

Imagen
Estivemos estudando en ciencias o aire e ademáis de facer papaventos fixemos un molino co LEGO We Do 2.0

A HORA DO CÓDIGO

Imagen
Code.org é unha organización sen ánimo de lucro, creada no ano 2013 busca acercar a programación a todas as escolas no mundo e especialmente a mulleres e colectivos minoritarios. Un dos proxectos de Code.org é La Hora del Código, unha iniciativa para que todo o mundo se anime a crear titoriais dunha hora de duración, empregando diversos linguaxes. As actividades de La Hora del Código son autoguiadas e hai para todos os niveis e idades. Nós na aula probamos Programa con Ana y Elsa, a os nenos e as nenas encantoulles. Os deixo o enlace da páxina: https://hourofcode.com/es

O MEU PRIMEIRO ORDENADOR

Imagen
Na programación e na informática non sempre temos que estar diante dunha pantalla. Na clase fixemos un ordenador no que tiñamos que poner as pezas (CPU, RAM, ROM,..), elexir o sistema operativo (Windows, Linu,...), o teclado,.... Así os nenos van aprendendo as partes dun ordenador de maneira moi divcertida pois cada un fixo o seu propio ordenador. Para iso empregamos a páxina web de Linda Likas Hello Ruby, os deixo o enlace: https://www.helloruby.com/play/2

NO TODO SON ORDENADORES: XOGOS DE MESA PARA PROGRAMAR!

Imagen
Para que os alumnos e alumnas descubran as bases da programación moitas veces non precisamos pantallas polo que no centro mercamos dous xogos de mesa. Os deixamos na biblioteca para que os nenos e as nenas se divertan e aprendar programación de maneira moi lúdica.  Con estos xogos potenciase o razoamento secuencial, a lóxica, a resolución de problemas... ROBOT TURTLES DE THINK FUN Un dos xogos de mesa máis recomendados, cun funcionamento moi sinxelo e retos evolutivos para introducir a programación os máis pequenos. BITS & BITES As cartas de Bits &Bites introducen os nenos e nenas na resolución de problemas e na programación e familiarizanse con conceptos como os algoritmos, secuencias e instrucións.