Utilizouse o rato para repasar as direccións en lingua inglesa. Esta actividade levouse a cabo durante dúas sesións có alumnado de 4º de EP. A través desta actividade preténdese r epasar o vocabulario dado en clase (straight on, turn right, turn left, click….) e tamén os nomes de lugares. Elaborouse un mapa nunha cartolina dividida en celdas de 12’5 cm x 12’5 cm. cos nomes de distintos lugares. O alumnado tiña que preguntar cómo chegar a un determinado sitio e contestar. Deseguido, contábanse cantos cadros había que avanzar, para indicar os comandos correspondentes ao rato. Por parellas, todo o alumnado participou introducindo comando, o que resultou moi motivador para o alumnado, que mostrou grande interese pola actividade. Como complemento, déronse instruccións ao robot rato para chegar a un alumno (oito alumnos colocáronse uns enfrente doutros) e calculando a distancia serviu para practicar sumas ...