A mestra de música estivo traballando cos cativos de infantil coa tarxeta Makey-Makey. Esta tarxeta promove a creatividade, a experimentación e a imaxinación.
Para que os alumnos e alumnas descubran as bases da programación moitas veces non precisamos pantallas polo que no centro mercamos dous xogos de mesa. Os deixamos na biblioteca para que os nenos e as nenas se divertan e aprendar programación de maneira moi lúdica. Con estos xogos potenciase o razoamento secuencial, a lóxica, a resolución de problemas... ROBOT TURTLES DE THINK FUN Un dos xogos de mesa máis recomendados, cun funcionamento moi sinxelo e retos evolutivos para introducir a programación os máis pequenos. BITS & BITES As cartas de Bits &Bites introducen os nenos e nenas na resolución de problemas e na programación e familiarizanse con conceptos como os algoritmos, secuencias e instrucións.
Este ano fixemos no centro unhas xornadas de robótica co alumnado de 4º, 5º e 6º os días 10, 11 e 12 de xuño. Para estas xornadas empregamos os kits de robótica Lego WeDo 2.0. Con eles ademáis de adentrarse na programación traballaron diferentes contidos do currículum. En cuarto cuarto fixeron o proxecto da "Metamorfosis da rá", reflexionaron sobre como é un cágado, unha rá xove e unha adulta. En quinto traballaron co proxecto de "Estructuras robustas" xa que tamén en Art&Craft están a traballar con elas. En sexto curso traballaron co proxecto das "Forzas" Os nenos e nenas o pasaron en grande!
Comentarios
Publicar un comentario