Na aula de AL traballamos as praxias (movementos bucofonatorios) utilizando o robot "Jack". Cada neno/a decide a que praxia o quere levar, mete as ordes precisas e despois realizamos todos esa praxia.
A mestra de 1º foi a ensinar os cativos de 3 anos que era os circuitos e tamén traballamos as emocións e os cores. Para iso traballamos co neurons co modulos táctil, chamado Funny Touch, o módulo de son e a pantalla led. Primerio fixemos unha roda con todos os nenos para ver a importancia de estar todos unidos e que se nos soltamos xa non somos unha roda. Despois xa comezamos co neuron a agarrarnos da mans e ver se sonaba o son ou non. A continuación traballamos as cores relacionadas coas emocións. Aqui vos deixamos unhas imaxes:
Code.org é unha organización sen ánimo de lucro, creada no ano 2013 busca acercar a programación a todas as escolas no mundo e especialmente a mulleres e colectivos minoritarios. Un dos proxectos de Code.org é La Hora del Código, unha iniciativa para que todo o mundo se anime a crear titoriais dunha hora de duración, empregando diversos linguaxes. As actividades de La Hora del Código son autoguiadas e hai para todos os niveis e idades. Nós na aula probamos Programa con Ana y Elsa, a os nenos e as nenas encantoulles. Os deixo o enlace da páxina: https://hourofcode.com/es
Comentarios
Publicar un comentario