Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2018

MOSTRANDO O MBOT AO ALUMNADO DE 3 ANOS

Imagen
Dous alumnos e unha alumna de 6. º de primaria acudiron á aula de 3 anos para presentarlles o MBOT. Levaron tres robots programados por eles mesmos:  - Un robot esquiva obstáculos: xira cando o sensor de ultrasóns detecta un obxecto próximo. - Un robot controlado cun mando a distancia . - Un robot mide distancias: utilizando o sensor de ultrasóns, reflíctese na matriz de leds a distancia á que se atopa o obxecto. Ao alumnado de 3 anos encantoulles!

VÍDEO SOBRE A MONTAXE DO ROBOT MBOT

Imagen
Aquí vos deixamos un vídeo explicando como se monta o robot MBOT. Agardamos que vos sexa útil!

ROBÓTICA NA AULA DE RELIXIÓN

Imagen
Elaborouse un taboleiro coas abreviaturas de citas bíblicas e  os alumnos de 5º buscaban a abreviatura co robot, leíana e resumíana.  O alumnado de 2º soamente buscaba a abreviatura para  ir  familiarizandose coas abreviaturas.